OS20 Alpine Team 2018

Un ano máis o noso socio Carlos Garrido Iglesias, que será un dos homenaxeados de mañá tras 25 anos no club, formará parte do "OS20 Alpine Team 2018".
 
Hoxe mesmo foi presentado o novo equipo de grandes Alpinistas e, dado que non vai poder asistir ao acto do club no Hotel Coia, facémoslle dende aquí a nosa "pequena Homenaxe" difundindo esta noticia.  
 
Dobre NORABOA Carlos, polos 25 anos no club, e por formar parte un ano máis dese selecto grupo de alpinistas. Tamén, como non, polo agasallo que os técnicos da EGAM che asignaron no I Encontro de Alpinismo da FGM celebrado a finde pasada en San Emiliano.
 
Cantas proxeccións tes pendentes de pasarnos...???
 
 
 
Carlos é o segundo pola esquerda
 
Share:
spacer

1 comentario:

  1. Jejeje...moitas grazas!! Pois estánseme a xuntar o agasallos parece. 25 anos...pois non choveu nin nada jeje. Mágoa estar tan lonxe...e sí, acumúlanse as proxeccións tamén, pero deste ano non pasa! Bicos a todos dende Huesca!

    ResponderEliminar

Los comentarios aparecerán publicados una vez sean revisados por el administrador del blog.