lunes, 15 de enero de 2018

INFORMACIÓN ACTIVIDADE INFANTIL E XUVENIL "Covas e abrigos na contorna de Vigo" (Domingo, 21 de xaneiro)

A LISTA PARA APUNTARSE A ESTA ACTIVIDADE XA ESTÁ ABERTA!!!
 
(Lembrade que tedes que pedir a licenza antes do venres!!!)

Para estrear o ano imos facer unha actividade un pouco diferente. Imos descubrir as covas e os abrigos naturais que nos ofrece a contorna de Vigo.

Primeiro iremos ata Cabo Silleiro e veremos a furna da Lagoa, cunha importante colonia de morcegos, e despois visitaremos as baterías de Cabo Silleiro por dentro. Logo, desprazarémonos ata o Galiñeiro e nunha pequena ruta visitaremos O Coto da Moura, con gravados do Neolítico e da Idade de Bronce, A Casa do Demo, coa base dunha bigornia (yunque), A Touba do Brión e A Rais, con gravados.
 
PLAN DA XORNADA
 
"A casa do demo"
"Baterías de Cabo Silleiro"
 

 
 

 

 

 


INTRODUCIÓN Á MARCHA NÓRDICA (Sábado, 20 de xaneiro)

Aquí vos deixamos un artigo no que atoparedes algúns dos beneficios que ten practicar marcha nórdica.
 
 
Lembrade que o próximo sábado 21 pola mañá temos unha xornada de iniciación neste deporte. Toda a información chamando ao club.
 
O NÚMERO DE PRAZAS É LIMITADO.
APUNTÁDEVOS ATA O MÉRCORES 17.
 
 
 

miércoles, 10 de enero de 2018

"Conversas sobre libros, lecturas e bibliotecas" (Venres 12, 20:30h )

Co título de "Conversas sobre libros, lecturas e bibliotecas" falará César Cunqueiro, escritor e poeta.
Á parte do pracer de escoitalo, teremos a oportunidade de reflexionar e aprender sobre aspectos literarios tales como: o libro coma obxecto e coma persoa, voces da oralidade e da escrita, a importancia do equilibrio entre as dúas (escritor e narrador/lector e ouvinte). Analizará tamén o valor da lectura para a formación e o enriquecemento da persoa e a relevancia das bibliotecas, concibidas como auténticas cidades dos libros, cos seus misterios ou pantasmas, coas súas guerras e tensións entre elas. Todo abordado dende unha perspectiva non exenta de humor.
ENTRADA LIBRE.
 
 
MAGNíFICA OPORTUNIDADE DE ESCOITAR A UN ORADOR MOI ESPECIAL 
 
 
 

martes, 9 de enero de 2018

Curso de fotografía (febrero-mayo)

¡¡EL PLAZO PARA APUNTARSE ESTÁ ABIERTO!!

Aquí os dejamos información sobre el curso.
 
MONITOR: Martín García, socio del Club. Imparte con regularidad cursos de fotografía, también ha realizado más de 50 exposiciones de fotos que han recorrido el ámbito gallego. Autor de los libros de fotografías "DE GALICIA AL TÍBET (Viaje Interior– Viaje Exterior)", "LA IMPERMANENCIA EN BLANCO Y NEGRO", así como  de varios documentales.
 
DURACIÓN: Del 7  de febrero al 9 de mayo, todos los miércoles de 20h a 21:20h. Se impartirá en nuestro local social.
 
PLAZAS: 10 plazas como máximo. Grupo mínimo para empezar el curso: 5 personas. 
 

PRECIO: 20€ todo el curso pagaderos al formalizar la inscripción. Para poder asistir a este curso es necesario ser socio del club.
 

jueves, 4 de enero de 2018

CALENDARIO DO SEMESTRE

Aquí vos queda o calendario de actividades para os próximos meses.


Xa podedes consultar a circular de xaneiro no apartado "Circular do mes".


miércoles, 3 de enero de 2018

XORNADAS ESCALADA INFANTIL/ XUVENIL. (NO BÚLDER DO CLUB)

¡¡XA VOS PODEDES APUNTAR!!

Comezamos o ano cunhas xornadas para nenos e nenas no búlder do Local Social.
Animade aos vosos rapaces a iniciarse no apaixonante mundo da escalada, unha das modalidades deportivas máis atraentes e formativas para os nosos xóvenes.
 
Día: sábados de 11 a 13h.
Idade: entre 6 e 14 anos.
Máximo: 8 participantes (terán que ser socios).
Prezo Total: 5€/neno (ao final entregaremos un agasallo).
Duración: do 13 de xaneiro ao 28 de abril.
 
OBRIGATORIO ESTAR FEDERADOS